viernes, 22 de enero de 2010

microQonto · Cantina (Iria Castro)



– Que vai ser rapaz?
– Que tes?
– O que ves. Non hai máis.
– Dáme logo o que teñas máis fresco.
– Teño á Julie, he he...
– Dama, non me importa ha ha ha!
– Dama... non creo que sexa unha dama, pero farache un bo servizo he he he... A ver ho, di o que queres, que hai máis xente. Abdil! Atende aí!
– E quen é o rapazolo?
– Tróuxocho a prea da Julie. Di que ven de onde cristo perdeu a zapatilla e que llo deixou unha tía-avoa súa que morreu en Louisiana fai dúas semanas.
– E logo como traballa ela tamén?
– Non che anda moi ben de cartos e o marido marchoulle con outra. Necesita os dous soldos, aínda que o do negro sexa menos có seu.
– E que sabe facer? Seguro que é un lacazán.
– Non ho! Estache moi ben ensinado. A tía-avoa da Julie debíao ter xa amestrado. Cociña mellor cá Julie, de feito agora a Julie non cociña. Encárgase el de todo.
– Dille logo que me faga algo.
– Abdil! Faille aí uns ovos fritidos ó rapaz! Mais un pouco touciño! E non esquezas o café! Veña loubán!



----
Erase unha vez unha rapaza a un mp3 pegada e a un boligrafo de propaganda aferrada. Gosta de escribir en calquera papel en branco ou escrito, de devorar libros, de escoitar música impulsivamente e de viaxar. Gosta tanto de viaxar que marchou coñecer mundo. Agora mesmo vive en Polonia, onde pasa frío e dende onde escribiu as verbas que agora ledes. Pero na Galiza repártese entre Lugo, terra natal onde apaña castañas de moi boa gana, e Vigo, terra estudantil onde busca xeitos de traducir letras ó galego.

A imaxe foi tomada de shorpy.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario