jueves, 29 de abril de 2010

microQonto · Nai (Fran Castiñeira)



Mira, conservo esta foto. É a miña nai, a Pilar, baixando a costa da Ghatiñeira coa súa irmá María. A de atrás é a señorita do Pazo, Dona Bárbara, que na Gloria estea. Eu, Eladio do Roxo, aínda non nacera.
A nai é a nai e o pai é calquera, disque. Meu pai era Marcial, o Roxo, e a quen diga o contrario pártolle o fociño.
Logo das festas a miña nai enfermou, e Dona Bárbara tamén. Os pobres enferman de tifo, os ricos do aire, nervos, un flato. As dúas deixáronse de ver. Hai quen di que viron a miña nai sachando de noite, ás agachadas.
Meses despóis a Pilar apareceu cun meniño na igrexa, para bautizalo sen misa. O cura non puxo problemas, cousa rara. Ninguén fixo escándalo. Tampouco cando o Marcial se fixo cargo do neno e casou coa Pilar. Mercoulle a casa e as terras en propiedade ós do pazo, ninguén sabe de onde tirou os cartos. Eu xa falaba cando nos apartamos a Suíza.
O Roxo preñara á Dona Bárbara, que foi quen me pariu. Unha vergoña, seica os señoritos teñen máis vergoña cós pobres. Así que lle deron o neno á Pilar e ó Roxo. Pagaron ben. E aquí estou. Eles xa non. Ese souto da dereita tampouco, déronlle un ancho á estrada.


Ler todo o microQonto...

microQonto · Cona que as botou (Daniel Lavesedo)


Cona que as botou!!! Veñen pra aquí… Achanta neno, que non nos liguen… mimá! Acaban de pasar por diante das caixas e non ghunaron a priba… vellas perralleiras malfodidas da Liga Presbiteriana Antialcólica do condado de Dougherty-Georgia... achanta achanta que están aí… 





A imaxe foi tomada de shorpy.com
Ler todo o microQonto...