jueves, 13 de mayo de 2010

Mencionados


Esta pequena incursión no mundo da metaliteratura, sen recursos pero con grandes creadores e creadoras dispostos a participar polo amor a arte, acaba de recibir unha mención nunha destas cadeas blogueiras que de cando en cando circulan pola rede adiante. E xa que un dos nosos microqontistas nos convidou a través da súa bitácora (O porto dos escravos) con palabras tan fermosas e inmerecidas, facemos uso da imaxe da cadea e intentamos cumprir as normas.

Aqueles que recibades a mención, de aceptardes o convite, so teredes que pendurar esta imaxe e citar as 10 bitácoras que crede merecedoras deste merecemento. As nosas son:

·· patasdepeixe ··
Por editar cousas fermosas e facelas ben. Por devorar libros e poñer ovos.

·· O sorriso felino ··
Por compoñer pequenos sonos coas mans.

·· Ningures ··
Por estar fóra e malia todo non perder un ollo na terra.

·· Isto non é un cabaré ··
Polas frases con xenio.

·· A minha vida é uma seca ··
Polos versos sen medo.

·· O mar da miña man ··
Polas fermosas Historias de blog

·· O lagarto miope ··
Pola orixinalidade e o cubismo textual.

·· +Dylan ··
Por irreverente. Por bluesman.

·· Desafogos ··
Por levar camiño de ser un blog silandeiro, pero interesante igualmente.

·· O furancho de lavesedo ··
Por punk

Normas da encomenda para que a acepte:
1. Os blogs elixidos teñen que incrustar a imaxe do selo e un enlace ó blog que outorgou o premio.
2. Seleccionar e enlazar dez blogs máis que segundo o voso criterio valen a pena.

2 comentarios:

  1. Aínda vin isto agora. Malia agradecer a dupla, que non dúplice, mención, os desafíos encadeados (con ameaza de castigo divino-terreal ou sen) e as rodas de premios do blogoglobo provócanme convulsións e sarabullos, de maneira que... ;)

    ResponderEliminar
  2. Lerei algúns deses microcontos, entón, veremos ese talento
    :-)

    ResponderEliminar