domingo, 17 de enero de 2010

microQonto · Benquerido, Erik (Hjerbert Bönn)

Benquerido, Erik!


A moral do grupo hai tempo que morreu conxelada e unha xenreira glacial reloce nos ollos de todos cando lles repito as túas sabias palabras de que non se admiten devolucións nin indemnizacións de ningún tipo.

Erik, non quero preocuparte inutilmente mais semella que a aplicación do teu liberalismo radical non produce nestes capitalistas decadentes un efecto narcótico como predicías. Onte mentres fuxiamos dun aviso de alude a Duquesa consorte de Altamira, Mister White-House e o doutor Abramóvich xuraron polos seus mortos, e son moitos, que se saen con vida desta imos rematar dando de comer aos peces no fondo do golfo de Nápoles, pallasos!

O teu amigo e socio en precario, Hjerbert Bönn



Hjerbert Bönn é un médium de orixe checa e devanceiros galegos, melómano e onanista a partes iguais. Vaga por Europa desde a primavera do 68 canda Erik caChuzo na procura da gloria anunciada polo lema das súas epatantes familias," pijë capskj ivsil trasren empapskj” 1

1 quen non molla o cú, non apaña peixiños

A imaxe foi tomada de shorpy.com

3 comentarios:

  1. ¡Borrico! Bebes tanto que xa nin as túas linguas sabes falar ben: "pijë NE capskj ivsil trasren empapskj".

    ResponderEliminar
  2. Erik, non debes deixar a medicación, ou si. Eu xa nin lembro como se di copiar e pegar: http://usuarios.multimania.es/cachuzo

    ResponderEliminar